mércores, 21 de xaneiro de 2015

Unha de maxia. O distal non compensa o proximal.

Non vou facer escarnio nin tampouco dicir nada ao xeito. Pero quédanme 5 minutos ata que a miña tila enfríe o suficente para poder bebela e durmir despois destes tres últimos días que madre-del-hamor-ermoso. Empezar un domingo hemato, enganchar con nefro e hoxe endocrino creo que foi a santísima trinidade das hostias como panes. Mañá será outro día para outra hostia. Das do simulacro 35 e das que virán no 36 prefiro non falar, que o mundo xa é un lugar de por si noxento como para andar fozando nas feridas.

Non hai tempo. Todos o sabemos. O distal non compensa o proximal. Cando teña tempo xa non estarei enaxenado, senón sería unha frase que me tatuaría. Sería épicamente estúpido. Pero vamos ao que nos ocupa: Non hai tempo, e sei que todos estades facendo eses plans de última hora para ver se arrepañades algo, unha nova idea, un novo algo. Un chivatazo, o que sexa. Pois ben, levo xa unhas semanas que en vez de estudiar (para qué se o levo tan perfectamente perfecto que sería contraproducente) me adiquei a intentar poñer en práctica algúns trucos máxicos. Non funcionaron, así que expóñoos aquí para que non perdades vós tamén o tempo:

Primeiro, como todos, comecei intentando fabricar, roubar ou conseguir por medios legais un xiratempo. Non houbo maneira de atopar un funcionante. Seica os tedes todos vós, cabronazos. Non pasa nada, todos o desexabamos. É a técnica máis usada e máis facilona. Teño que ser mellor. Innovación Mirencio, innovación.

Por iso, como publiquei  no tuiter hai uns días ou semanas (xa non sei as magnitudes das cousas, mola que te cagas isto) probei cun sinxelo Accio MIR 2015. Nada. Por se acaso probei con Accio 2014 (por iso de que no Ministerio lle chaman así) e só obtiven o cuadernillo de actualizacións. Sospeito que os de Gringotts anda metido nisto. Putos banqueiros da pufaina.

Visto que as cousas sinxelas non ían funcionar estiven pensando dúas vías. A primeira rama deste algoritmo ía dirixida a un obxectivo en concreto: quitarme opositores de enriba. Cruccio e Avada Kedavra eran as miñas opcións máis ventaxosas, pero disque ían en contra de non sei que mierdas, e que non sei que de que ser médico implica unha ética, un salvar vidas, o primum non nocere. E eu só sei o de que se te OSTIO PRIMUM quédome máis tranquilo. Ben. Outra vía morta.

A segunda vía e a última era a de que non fixera eu o exame. Fácil. Mandar a alguén. Como non, pensei en que Edu Franco se fixese pasar por min. Vale que ao mellor xa está algo desentrenado, pero eu confórmome con pouco. Se non queda o primeiro e queda entre os 50 primeiros tampouco estaría mal. Non son avaricioso. Dispúxenme a preparar coa mellor das intencións a poción multixugos, pero que nada...que disque o Dr Franco non pode ir con estas pintas polo mudo. Que só se cambiaría por alguén que fose máis guapo ca el...en fin. Envidioso.

Como última saída pedinlle a Juanmi que lanzase sobre min unha maldición Imperio e que a través dos seus coñecementos contestase ás 235 preguntas do día 31 de xaneiro. Todo ía ben, ou eu así o cría, ata que non sei como nin por qué aparecín en Mordor cheo de sangue de orco. Pasei unha semana cortando cabezas a diestro y siniestro total. E si, teño que dicir que a espiración é o estado basal do noso sistema respiratorio. Pero de nada me serviu a aventura para o que nos ocupa.

Por último, e enfroscandome co devir actual do meu mundo interno, como derradeiro intento á desesperada. Un claro exemplo de uso compasivo das ideas máxicas: pensei que podería ler os pousos do té. Ao mellor todas as preguntas non, pero coño, as imaxes ben podía sacalas.
Como teño contraindicado a teína, e aprobeitando o meu drogha-placebo tilil intei aplicar os coñecementos a estes pousos. Pero nada, oes, que esta merda é igual de dificil de interpretar que os electros...

En fin, mellor ir recolléndose que mañá toca seguir matando orcos...digo estudiando neumo.
Que o TNM vos acompañe.
E o algoritmo da hipoxemia vos abra os ollos a un mundo novo.


"Son nuestras elecciones las que muestran lo que somos, mucho más que nuestras habilidades"
Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore

O 31 de xaneiro, escollede ben.



Por certo...sabedes se os hipogrifos teñen que pagar na zona azul do campus? Ai, coño! Que os sábados pola tarde non hai que pagar. Nada, nada. Perdón por molestarvos...o dito: escollede ben.


Ningún comentario:

Publicar un comentario