martes, 1 de xullo de 2014

DÍA 2. CAUTIVERIO

Levo tanto tempo aquí encerrado que xa non sei en que día me atopo, se é pola mañá ou pola tarde ou se toca durmir. Sei que faltan 213 días para a miña liberación por este grupo terrorista porque teño un contador apremiante que quero compartir con vós:

CountdownClockCodes.com
Pero iso non é o peor…cámbianme continuamente de localización para que as tropas aliadas non me atopen e me liberen desta prisión (iso, ou que é difícil atopar unha biblioteca cun horario decente e non ateigada de MIRencios neste puto mes de xullo [e peor será en agosto]).

O futuro é incerto, negro, aínda que agora está tocando estudiar un tema vermello: dos importantes. Con todo, parece que a presión exercida sobre min e os meus compañeiros, (aos cales por sorte non podo ver, pero cos que me comunico a través de arcaicos medios de comunicación como whatsapp e facebook) xa abandonou os límites da tortura, que foi máxima ao comezo do cadro, como nos ictus cardioembólicos (a diferencia dos aterotrombóticos que os signos son fluctuantes e empeoran nos seguintes minutos ou horas).




Pero el-ataque-serebral-es-un-problema-grave-que-también-se-conose-como-strouk-en-caso-de-strouk-actuar-a-tiempo-es-clave-para-evitar-el-daño-irreversiible-(…)-es-hora-de-preguntar-el-habla-dise-algo-extraño-al-hablar-un-braso-no-puede-mantener-en-alto-la-cara-la-tiene-medio-caida-es-hora-ya-de-actuar-enseguida-urgente-llama-al-nueve-uno-uno-y-di-strouk-un-solo-síntoma-es-sufisiente-para-buscar-cuidado-médico-urgente…




Non podo máis que repetirme a min mesmo que todo vai ben, e que pronto se regularán os ciclos circadiano e mircadiano, aínda que o vexo difícil. O de durmir as 8 horas lévoo ben, coma sempre, pero iso de que podería facer os traballos forzados que me propoñen en 8-10 horas…burdas mentiras para contar diante da ONU.




O único consolo son as idas de olla, aínda que non teñan puto sentido (a verdade é que nunca o tiveron). Polo menos déixanme comer ben, e non fai moita calor, aínda que esta chuvia se mete nos ósos e xa non se sabe se estamos en verán coa segunda volta ou en outono coa terceira. É claramente un tipo de extorsión mental para desquiciarnos e de seguro que o “comando Oviedo” está detrás disto…



Seguimos resistindo e avanzando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario