luns, 30 de xuño de 2014

DÍA 1. TOPANDO COA REALIDADE

Caderno de bitácora/ Diario: Día 1 de 214

Amencía hoxe ás 6.58 segundo os datos de diversas webs con vento de suroeste, aínda que non sería ata un par de horas máis tarde cando comezaría o meu primeiro día da preparación do exame que parece que leva centrando toda a nosa vida. Eu esperaba que fose algo así:

Pero máis ben foi algo así...

Manter a ilusión cando a túa mente aínda quere uns días máis de vacacións é difícil, pero é o que toca.

O tempo parece que tentaba reflexar o que ía pasando: pola mañá cedo facía un sol de carallo e pouco a pouco as nubes ían gañando terreo ata que comezou a chover. Aínda que tentar ver un sinal divino neso é demasiado egocéntrico e esquizofrénico se vives en Santiago de Compostela, onde a chuvia é a única certeza.

Quedan (previsiblemente) 214 días para o MIR. Máis de 5.000 horas e parece que xa non hai nada máis nas nosas vidas.

Sabiamos que non ía ser fácil, que hai que estudiar e que todos os días hai que deixar a pel (salvo os domingos, porque os domingos son sagrados. Sempre. Sen excepción), pero unha vez que te pos ao choio non resulta tan fácil de asimilar e poñer en práctica. Todo se andará e poñerse a rodar sen tantas vacacións como nos gustaría e coa lousa de certa asignatura que-no-debe-ser-nombrada pode afundir a calquera.

Pero non vai pasar, porque molamos de máis e  de seguro que mañá volve a ser o primeiro día.



Ningún comentario:

Publicar un comentario