xoves, 6 de febreiro de 2014

PREVENIDOS. PRIMEIRA PARTE

Antes do tan ansiado día do MIR, hai un reto que superar e que debe ser o que rixa o que quede de curso. Porque non nos enganemos, esta é unha carreira de obstáculos moi longa, e que o primeiro que temos que solucionar é o pequeno detalle de non ter acabada aínda a carreira. Un paso menor tendo en conta o que levamos xa percorrido. Pero non deixa de ser importante. Por exemplo, agora estamos inmersos nunha asignatura que é o paradigma do que (cando esteamos en postos de poder) debe mudar. A Medicina Preventiva e a Saúde Pública é un tema primordial para o bo funcionamento de calquera sistema sanitario, aínda do máis precario. Recordades o de que por cada euro invertido nunha boa prevención evita gastar un porrón de cartos dependendo de qué patoloxía esteamos a falar. Ninguén, creo eu, pode dubidar da presencia da materia impartida no plan de estudos.

Bueno, ninguén non. Ao mellor preto de 350 persoas que a estamos a sufrir agora podemos chegar a pensar nalgún momento que é inviable, que qué coño fixemos para merecer isto. Porque señores (señoras, aliens e demáis bichería) é insufrible. Non hay por onde coller os apuntes.

Nun acto de extrema psicose tiven a necesidade de facer unha bola con un par de páxinas, e incluso tiven tentacións de comerme o papel. Sí, acabades de ler ben. A Medicina Preventiva lévanos a afundir na merda o segundo punto da definición de saúde da OMS, que fai referencia á saúde psicolóxica da poboación.

Non somos, nin de lonxe, unha poboación sana. Esquecédevos. Somos uns putos enfermos. Non hai que facerlle.


Pero volvemos. Non sei como o levaredes vós, nin sequera se estamos na misma fase, pero hoxe decidín botarlle un vistazo ao exame de febreiro de 2013 xusto antes do meu brote psicótico, e vin algo que me deixou atormentado. As preguntas eran simplemente vomitivas. ¿en serio, despois de todo o que pasamos xuntos nos centos de páxinas que me acabo de ler, repito, en serio que iso era o que queredes preguntar? ¿Estades dicíndome que as preguntas dese exame reflexan o que realmente queredes que saibamos da materia, o que queredes que saiba un médico xeral sobre a Medicina Preventiva? Por iso vomitivas.

Non sei como será o exame do próximo luns, nin a día de hoxe quero sabelo. O que si estou certo é que Dios nos pille confesados, repitan ou non, porque o que saberei nun futuro profesional destes coñecementos será 0'4%.

Esquecédevos das paranoias, de que a materia é un truño ben formado, unha boa bosta de vaca fresca e pegañenta. Esquecédevos de que a capacidade docente de moitos dos profesores que a imparten é nula. Esquecédevos de todo, incluso do temario, porque realmente vaivos valer para pouco.

Seguimos subrayando, non vaia a ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario