domingo, 2 de febreiro de 2014

inMIRnente

Estamos a 02 de febreiro de 2014, o que significa que falta aínda un ano. Sí, usei a expresión "aínda", pero a verdade é que levamos un fin de semana de agobios tontos porque da tarde para a noite convertémonos nos próximos. Somos, oficialmente "os que están a preparar o MIR". E iso acojona. Tanto que por un momento tivemos a oportunidade de deixar de ser estudantes do último curso, xa non importaban nin os exames, nin os óscars, nin tan sequera o acto de licenciatura. Todo quedaba borrado nunha néboa incerta que só conducía ao  exame MIR do 2015. O normal é non entender isto. O normal é pensar que un ataque subclínico de ansiedade é unha parvada. E estou de acordo. Qué máis dará que sexamos os seguintes, segue faltando o mesmo. Pero non. Somos os seguintes. Somos os seguintes. SOMOS OS SEGUINTES.
Foi entón cando me din de conta de que precisaba un medio de expresión de máis de 140 caracteres para poder expresar o que serán os 12 meses que nos agardan, coas súas fases. Tanto as miñas idas de olla, como outras cousas que considere oportuno compartir. Non sei como será isto, pero o que sei é que era absoluta e completamente necesario.

Benvidos ao meu mundo, benvidos a inMIRnente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario