É verdade, hai
días que estamos de non. Hai momentos nos que estamos afundidos, nos que non
quedan máis ganas que as de durmir, ou polo menos cerrar os ollos e
desaparecer.
Ben, é verdade e non hai que facerlle…ou si. O mellor e maís
importante sería o tempo coa familia, o saír cos amigos. Pero, sendo un pouco
realistas, a maioría das veces iso non é posible. Xusto os domingos, que é
cando podemos solazarnos con esas persoas, non acostumamos a estar de baixón (na maioría dos casos incluso chegamos a sufrir auténticos episodios hipomaniacos).
Por iso todos
temos os nosos trucos que non sempre funcionan, pero
deixádeme ser feliz por veces e pensar que me axudan en algo. E os meus trucos son:
AS DROGAS. Coidado as persoas que teñan tendencia ás
adicións. Isto é perigoso, pero bueno, se é o único que hai, qué se lle vai
facer.
1.- Os días máis “chof”
hai que comezar con un café ou dous cafés. Para min esa é a dosis máxima que me
axuda. Cada un terá a súa, así que a probar. O caso é que chega un punto no que
só hai efectos adversos, así que con coidadiño, porque sigues coa mesma
empanada mental e na misma mierda. Se comezas a notar arritmias, posiblemente
te pasaches, campeón. Con sentidiño.
2.- Cando o café
non é suficiente, ou de maneira coadyuvante, para min é IMPRESCINDIBLE eso que
hoxe en día se chama internet, e sobre todo redes sociais como twitter, ou este
blog. Sempre vén ben o de botar as cousas fóra. Aínda que sexa a costa de
perder un pouco de tempo.
A MÚSICA. Non sabía se metelo no apartado das droghas duras ou non, pero creo que ben merece un apartado enteiro. Para estudiar son dos que ando todo o día cos cascos, ben, pero cando realmente escoitas ESA canción e SUBIDÓÓÓÓÓÓÓÓÓÓÓN. Pois si, todos a temos.
Ademáis como ghaitista (e panderetista) vén moi ben soplarlle un pouco ou aporrear o coiro. Cada un ao seu. Se é posible tamén ir escoitar un pouco de música en directo...para qué dicir nada máis...
Ademáis como ghaitista (e panderetista) vén moi ben soplarlle un pouco ou aporrear o coiro. Cada un ao seu. Se é posible tamén ir escoitar un pouco de música en directo...para qué dicir nada máis...
O FRIKISMO. Si,
señores, son algo friki do que vén sendo a medicina e case a ciencia en xeral. Sei
que non o esperabades, entendo que sexa para vós un mazazo, pero debedes
aceptalo. Aínda que sempre recordamos o malo, aínda que estamos cansos de ter
que estudiar, aínda que nos pareza o 98% do tempo que estamos a sufrir e que
non nos interesa o que estudiamos, incluso que o odiamos… non cambiamos o que
somos, o que queremos. Si, son friki e eso axúdame a poder seguir nos momentos
baixos. Parece un absurdo, que algo que te está levando nunha espiral de autodestrucción mental sexa parte do que te pode sacar dela. Raros ata para iso.
OS DEBUXOS. Se me
coñecedes, ou vistes algún dos meus anteriores posts, veriades uns debuxiños,
unhas merdas a lápiz que non teñen puto sentido. Sempre fun o chafalleiro da
clase, de todo. E a verdade que non é unha fama mal gañada, senón que me costou
o meu durante todas as clases de plástica e todas as actividades extraescolares
de debuxo. É o que hai. Pois ben, ese meu nulo don para o debuxo non foi
impedimento para que comezase, xa en quinto de carreira a facer debuxiños. Ao
primeiro, eran unha reacción lóxica á Hematoloxía do grandísimo Dr. Bello. Eran
cousas que ás veces me axudaban a memorizar conceptos, a relacionar cousas,
pero iso durou menos de 3 debuxos. Pronto se converteron en simplemente xogos
de palabras que pouco poden aportar máis que unha amena distracción. Benvida
sexa, aínda que con isto hai que ter coidado tamén. Cando te empezas a facer gracia a ti mesmo debes parar e reflexionar cara onde está indo a túa vida.
AS IMAXES
MENTAIS. Todos sabiamos que isto ía pasar. Estivemos todo un ano disfrutando o
que podiamos, pero sabendo que isto ía pasar, sabendo sobre todo que o verán pasado era o ÚLTIMO verán. Por tanto, eu fun intentando
facer fotografías mentais, imaxes que me evocasen ese sentimento. O momento
Lurte da Carballeira, aquel viaxe con aquela piscina de bólas, o momento de dicirlle a Blanco que era o noso Padriño,
aquelas risas naquel congreso por aquel proxecto, aquel día que paseei co meu can, o día que bebemos en probetas,
aquel día de praia, aquel concerto en Calo, e mil outras máis. Todo iso está gardado, e só o saco
cando xa non quero seguir, cando quero poder ser unha persoa normal que vai á
praia, que disfruta coa súa familia e cos seus amigos. Pero esas imaxes mentais non son cousa do pasado, durante este verán tamén hai moi bos momentos. Recórdaos.
O LIBRO. Só cando
todo iso falla, cando xa non hai nada máis…cando xa non quero seguir e todo se
afunde. Cando non é que estea de baixón que senón que comezo a hiperventilar, a
dicir: todo á merda e que sexa o que teña que ser…, comezo a subir o pH como si non houbese mañá e estou ao borde da tetania... entón recurro ao que levo
recurrindo todos estes anos. É entón cando comezo a ler “El fantasma Cataplasma”.
E cando o acabo, todo é moito mellor. Porque cando “El fantasma Cataplasma
tenía los ojos azules y tres pelos tiesos que no se los podía peinar.” xa estou
noutro mundo, no meu mundo, propio, o que me da perspectiva.
Todos temos os nosos
trucos e no meu caso van variando ao longo do tempo. Todos sabemos que chegará
un momento no que teremos que deixar as drogas estimulantes e cambiarnos ás
tranquilizantes. Chegará un momento no que deixaremos de ter ideas, comezaremos
a ter alucinacións, e posiblemente a ter algún tipo de disfunción cognitiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario