venres, 22 de agosto de 2014

SOBRE BIBLIOTECAS E OUTRAS IDEAS DELIRANTES

Son unha persoa rara. Ben, é o que hai. Aprendín a aceptarme hai xa moitos anos. Bendita adolescencia. O caso é que son das persoas (isto non é raro) que precisan de estudiar nunha biblioteca para poder realmente estudiar. Cambiaría o “Donde tienes la polla no metas la olla” (que tamén) por un “Onde se vive non se estudia”. Interpretando a palabra “vivir” en todos e cada un dos seus significados: onde durmes, comes, disfrutas e tes as túas cousas. Onde es ti e a túa mierda.

Pero iso non é todo, de feito non é nada. Desde hai moito tamén deime de conta que non podo estudiar onde a xente estudie o mesmo ca min. Ao principio aceptaba que xente que estivese con outra materia ou outro curso e non me facía mal, pero cos anos volvémonos máis rabudos e agora é unha cousa que me supera. Preciso estar nun entorno no que a única referencia ao que eu fago sexa eu mesmo, para realmente poder centrarme no que estou estudando eu e non no que están facendo os outros. Aínda así non son unha persoa que últimamente se centre durante moito tempo, pero xa me entendedes. 

Isto é un problema á hora de buscar unha biblioteca, e máis cando tes a outros trescentos corenta e nove compañeiros que están a facer o mesmo. Comecei volvendo ao principio, alí onde empecei a miña andaina universitaria e no que nos primeiros anos nos botaban porque aquilo “era un sitio de consulta, non de estudio”. A que se deu en chamar ao longo dos anos Biblio Química Sur (a biblioteca da segunda planta da Facultade de Química). Era a miña biblioteca. Miña. Pero con función exponencial comezou a chegar máis xente…e non só iso, senón que xente máis ruidosa. Aquí vén a segunda advertencia de que vou vello: caenme mal os boloños e todo o que representan. A xuventude, a falta de respeto e de oportunidade. As bibliotecas son para estar en silencio, cousa que non deben entender. Pero iso non só lles pasa a eles…



Por ese e outros asuntos, decidín exiliarme (mobilidade exterior ou como se chame agora), e xusto nese momento, como enviado polo ser creador divino, ía abrir ao lado da miña casa un centro sociocultural que…oh! Sorpresa! Ía ter unha biblioteca! Máis feliz que unha perdiz planteime alí o primeiro día que se supuña que abría aquela cousa gris. Esperei un cuarto de hora de rigor, pensando “a ver, son traballadores públicos, ao mellor o do horario non o levan ben”. Á media hora decidín chamar ao teléfono por ver se algo se movía dentro…pero nada. Non sei qué me fixo esperar alí ata un pouco máis de media hora…pero de súpeto apareceu alguén desde dentro. Estaban tendo unha reunión para organizarse e todo iso, e claro, non agardaban a ninguén. Así me convertín no primeiro usuario de todo o centro. Ao pouco tempo xa me tiñan ganado co bo trato. O problema chegou cando en vez de calefacción en inverno había aire acondicionado. Pero estaba eu só, alí, naquel sitio no que me trataban tan ben (cousa que non pasaba noutras bibliotecas) e no que me recibían (como a todos) cun sorriso cada mañá e saudándome polo meu nome. E así é que, a pesar de dous invernos nos que incluso cheguei a levar guantes para estudiar, me compensaba estar alí (tanto a nivel de rendemento como anímico). Así naceu a miña segunda biblioteca, a miña Pseudobiblio.  





E entón chegou este verán, no que me en agosto case todas as bibliotecas cerraban, e atopábame na encrucillada de marchar de Santiago ou… Gaiás. Ao principio comezou como unha ida de olla, un algo no plano das ideas que podía estar ben, moito postureo. Xenial, pero inviable na práctica. Coller o coche todos os días para ir á biblioteca…vaia cafrada. Pois resultou ser a mellor ida de olla en moito tempo
Aquí estou tranquilo (só os turistas e os nenos pequenos ás veces me molestan) nun sitio impresionante (ademais de impresionante podo dicir que serviron para algo os trescentos millóns de euros que levan aquí tirados) e no que podo tomar un pouco o sol despois de comer e antes de volver ao estudio.


Hoxe é o último día de agosto no que estarei en Compostela e no que vou estudiar aquí de forma continua durante toda a semana, pero despois destas tres semanas creo que xa teño a miña terceira biblioteca. A MIÑA terceira biblioteca

A que non soou nada egoísta nin infantil o que dixen aquí? Pois eso. caca. culo. pedo. pis. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario