martes, 12 de agosto de 2014

OU FOLLAMOS TODOS, OU A PUTA AO RÍO

"Ou follamos todos ou a puta ao río" é unha das expresións que máis me gusta do amplo catálogo que temos neste mundo. Hai outras, moitas outras, incluso algunhas que uso a diario e esta, sexa porque usa palabras como "follamos" e "puta" pois non son de recibo en moitos ámbitos. Creo que estou escapando do que quería dicir, pero xa volvo, tranquilos, todo ao seu tempo.

Esta expresión creo que é a sentencia que máis se axusta ao que estamos a vivir nestes meses e sobre todo nestas semanas. E si, amigos e amigas, estou a falar da noticia máis repetida nos últimos días: Ébola!



Primeiro esta frase é moi boa para explicar o sentimento que ten agora mesmo África en relación á milagreira auga de santa EEUUstaquia tamén coñecida como o ZMapp. Parece que vai chegar agora aos negritos-del-áfrica-tropial-que-cultivando-cantaban-la-canción-del-colacao, pero claro, agora que xa era un asunto demasiado público. A ética que só é ética cando está o populacho pendente.

Son dos que cren (e digo cren porque é basado na opinión) que si, que hai que ter extremado coidado co Ébola porque mecagho-no-mundo-como-eso-escape-é-peor-co-lume-nos-montes, pero tamén hai que poñelo en perspectiva.

  • 24.000 persoas morren AO DÍA de fame ou causas relacionadas con ela. (segundo a wikipedia que segundo a ONU).

  • 1.700 persoas morren AO DÍA de malaria no mundo.

  • Aproximadamente 2500 persoas morreron DESDE 1979 por ébola. (primeiros casos detectados de Ébola).


Está ben que se informe á poboación e tamén que nos informemos os futuros ou presentes profesionais, claro, hai que estar prevenidos ante calquera ameaza e que non nos pille co pé cambiado...como agora.

Só un pouco de demagoxia de la güena, de esta que se ten que chamar demagoxia porque se non non poderiamos vivir, pero que fóra da política é unha merda de verdade coma un templo:


E como segundo motivo para o de "Ou follamos todos ou a puta ao río" vén a conto da repatriación do primeiro caso de ébola nun español polo mundo, que finalmente faleceu no hospital Carlos III de Madrid. De sobra coñecido que aquí as cousas se fan como se fan, e aínda que temos cousas moi boas na noso Sistema Nacional de Saúde (SNS) [Que agora xa é unha mezcla entre SNS e Seguridade Social, vamos, un xenial paso atrás na evolución da sanidade neste país], o das enfermidades emerxentes e os contaxios e iso non o levamos de todo ben. Porque o "maloserá" traspasou as fronteiras de Galicia e xa se implementa no resto da península. Pero non vos pensedes que a xenial frase e fío conductor deste post é aplicado a que "Se o cacique do pueblo (véxase EEUU) repatría aos seus nacionais con ébola, eu non vou ser menos". Podería ser, pero non.


Prefiro usalo no dispendio económico nun único paciente (máis unha sospeitosa). A eficiencia máxima, vamos.

E isto, o de que nos fixásemos no prezo de traer a un paciente cunha enfermidade posiblemente pandémica a un sitio que non ten todos os medios para evitar unha posible ecatombe (posible, que non probable), hai catro ou cinco anos sería impensable. Non estaba na mente de ninguén. Si, vale, había débedas no SNS, pero que coño, era o primeiro, o buque insignia, o orgullo patrio, era a mellor sanidade pública do mundo. Ninguén dubidaba que se salvaría a pesar de todo...pobres ilusos que fomos. Hoxe sabemos que están deixándoa morrer, e non pouco a pouco. Como se nota que a  maioría dos xestores non estudaron ética médica e o "primum non nocere", porque home, se non queres mellorala non o fagas, pero xa atacala tanto...é un pouco sádico. Volvo irme polas ramas, e por sorte polo de agora non me toca a troncalidade, así que volvamos...

Sei que estou mirando por un buratiño estenopeico, pero que conste que son consciente de eso e é porque podería coller outras miles de cousas que non me parecen ben, pero quero centrarme nisto.
Non se pode asumir que desde un mermado e ferido de morte sistema sanitario público se teña que pagar pola repatriación dunha persoa que perfectamente sabía os riscos que corría, amén de outras moitas consideracións como que á Organización á que pertencía tivese perfectos medios para correr con eses gastos. Non é de recibo que se cargue á conta de todos cando pouco a pouco temos menos recursos para atender a moitos outros pacientes. Un pouco de perspectiva outra vez:


  • Recordemos que hoxe en día hai xente en España que non ten dereito á atención sanitaria pública deste país. Recordemos por exemplo o caso de Alpha Pam. Poño este exemplo por facervos partícipes dunha egoísta e realista reflexión: preferimos traer a un infectado dunha enfermidade que só ten tratamento sintomático a previr que a xente que xa está aquí e que pode ser foco de numerosas e variopintas enfermidades infecciosas (que poden contaxiarcho a ti, si, a ti blancucho). Bien por ti, chavalote. 

  • As persoas que por calquera cousa perdan un membro, neste país deben pagar a súa prótese, ou andar sen ela. Que total, para pedir á porta da igrexa aínda lle vai mellor (país de caridade e non de asistencia social).

  • Como estudante vives moitas cousas, pero unha das que me marcarán será unha vez que vin como se retrasaba o tratamento dunha paciente con cáncer con un medicamento específico porque desde a Xunta, deliberadamente se retrasaba a súa aprobación por ser demasiado caro. Mentres, a paciente recibía quimioterapia tradicional, cos consecuentes efectos secundarios.

  • Vacunas. Ai! as vacunas! Mellor calar en canto á retirada dos calendarios vacunais de certas vacunas como a da varicela, ou o retraso na aprobación de uso de outras como a do meningococo B. E tantas outras cousas que non saberemos.


Non vou entrar en consideracións de relixión, idade e demais parafernalias porque iría en contra do Código Deontolóxico comezando xa polo artigo 5, e outros moitos que o seguirían. Pero se podemos gastarnos a pasta en repatriar a un enfermo de ébola, podémola gastar en mellorar a sanidade pública e non en seguir desmantelándoa para uso y disfrute de certos intereses que todos vemos.

Vamos, en resumo, que
  OU FOLLAMOS TODOS, OU A PUTA AO RÍO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario