venres, 12 de decembro de 2014

QUE BROTEN ELES

Que broten eles.
Como o mítico “que inventen ellos” do que tanto oímos falar agora que en moitos sitios non hai case nin para comer, o "que broten eles" converteuse nun grito de guerra para min nas últimas semanas.
Ese é o verdadeiro temor que temos agora, nesta terceira fase e a só 50 días do final desta viaxe. Desta viaxe. Como ben dixo a poetisa Lupe Gómez:
A tolemia
son rúas lisas
onde correr.

Non sei como o levades vós, que ben pouco faladores sodes, pero eu ás veces teño máis subidas e baixadas que un electro en taquicardia ventricular. Así. Bam. Bam. Bambamabaa banasdoifias jdhbfaisdfasdjfaios udhfio ashfoas aaaaaaa aaaaaaa aaaaaaaaa aaa aaaaa aaaaaa aaaaaaaa aaaaaaaa aaaaaaaaaaaa aaaaaaaaaaaaaaa aaaaa aaaaaaaa aaaaaaaa aaaaaaaaa aaaaaaaa aaaaa aaaaaaaaa aaaaaa aaaaaa aaaaa.

A maioría dos ratos estou ben. Bastante ben. Recupero por momentos algúns rasgos TOC que xa tiña esquecidos, como o de non pisar os cruces das baldosas, pero nada alarmante. O sono é cada vez máis superficial con un tinte de insomnio de conciliación. Un estado de alerta un pouco maior do habitual. Como digo, nada preocupante. O normal para o que se nos vén encima. Unha menestra de síntomas ansiosos e piscóticos. Todo moi bonito. Todo moi raro. Sen ir máis lonxe, hoxe estiven ríndome un bo cacho na biblioteca por un erro tipográfico: o de "error alga" en vez de error alfa que aparece no Libro Gordo na pregunta 198 do MIR do 2005. Eu non estiven nunca moi equilibrado da choina, pero agora é algo fóra do común. 



Alá por agosto escribía que só era cuestión de tempo que entrásemos en criterios para ser diagnosticados de esquizofrenia (Máis de dous síntomas típicos (delirios, alucinacións, desorden da linguaxe, desorganización extrema, síntomas negativos) durante un mes, disfunción social/ocupacional/autocuidado e que as perturbacións sexan continuas durante seis meses). E vou copiar o que escribín entón:


A) SÍNTOMAS CARACTERÍSTICOS:
  • Ideas delirantes:
    • De perxuizo: o ministerio fijo que nesta convocatoria vai a joder. Como se o vira. Sempre nos toca a nós.
    • De grandiosisdade: que se prepare Edu Franco, EU vou ser o que máis netas saque da puta historia do MIR. (jajajajajjajajajajajajajajajajaja. Esto cría en agosto. Anxiño do ceo)
  • Desorden da linguaxe: permanentes bloqueos de pensamento, incoherencia e descarrilamento. Todos temos exemplos máis que claros disto.
  • Síntomas neurolóxicos menores: que levante a man esquerda quen non ten unha disfunción clara na oposición do pulgar, ou polo menos…dios qué putos torpes nos estamos volvendo. Ah, ti tes a man levantada? Ben, todos sabemos que a que tes en alto agora mesmo é en realidade a dereita.
  • Síntomas negativos:
    • Aplanamento afectivo: presente
    • Anhedonia: presente
    • Deficit atención: presente (anda unha mosca…agora en inverno? Que raro. Parece que chove…pero que mal está todo o mundo co nadal e todas esas parafernalias. Para fernalias e para fernandos. Jajajaja. Ah, sí, repito desde a actualidade: presente)
    • Abulia: si home! Para facer cousas estou eu, co ben que se está na casa coa manta. Presente.

B) DISFUNCIÓN SOCIAL/OCUPACIONAL:

Diredes que aquí estamos ben, que no ocupacional estamos a topísimo de power. Non o nego. Agora preguntemos aos nosos familiares e amigos, a ver a funcionalidade social que temos. Todo ok, non? E no do autocoidado…os que vivimos sos temos unha cantidade de merda acumulada que o 1 de febreiro vai ser máis doado prenderlle lume a todo que ter que limpalo. Moreas de roupa sen planchar, barba e pelos típicos dun lobishome con superlúa…sigo?

C) DURACIÓN

6 meses. Xa cumplimos os 6 meses, e aínda quedan 50 días máis.

Bonus: entre o 30-50% cumplen criterios de dependencia ou abuso de alcohol. Sen comentarios.

Señores e señoras, non estou aquí para banalizar unha enfermidade como a esquizofrenia, nin tampouco para recordarlles dunha forma así liviana os criterios diagnósticos. Se os meus microbrotes psicóticos (menos de 4 días, e incluso menores de 4 horas [de aí o de microbrote]) xa noto esta inestabilidade psíquica e este malestar, non quero nin imaxinar como deben ser os brotes de verdade. E se iso é un brote, é impensable como debe ser sufrir unha esquizofrenia, con todo o que iso conleva.

O que eu quería concienciarvos da importancia de non brotar. Como se non o souberades. Como se non se vos dese mellor que a min…  
Cada un ten as súas cousas que lle axudan e sobre todo as súas xentes que conteñen esta cousa a punto de estoupar dunha maneira heroica que nin en Fukushima e Chernobyl xuntas. Algunhas das miñas xa as reflexei no post "Trucos para non rebentar" e outras que se foron implementando no tempo e que non merecen post nin hostias.

E agora é cando chegamos ao tempo no que cerro outra vez en forma de ciclo, como se fose o de Krebs: que broten eles. E non, non me estou referindo a vós, nin aos que non len isto e que se presentan ao MIR.

Explícome: A primeira semana desta terceira volta digamos que foi outro punto destes nos que estás na cresta da onda. Aí arriba, petándolo fuerte  sen saber moi ben como manexar esta falta de tempo constante, este acabar materias, notar que estás estudiando tan por encima as cousas que nada se queda e que todo o tempo é perder. Nesta situación, unha idea irruptiva mascaba as miñas neuras: quería aprender a facer lentellas. Lentellas co seu algo de arroz, seu xamón e o seu chourizo. Unha cousa levou á outra. As lentellas saíronme un pouco secas de máis pero con bo sabor (para a  próxima xa saíran perfectas, que agora xa sei ben o manexo da deshidratación), pero xuntouse todo e…
QUE BROTEN ELES:


Si, sonvos raro. Teño plantadas lentellas e garabanzos no meu salón e todos os días véxoos brotar e dígome (dígomo a min porque non estou tolo para falar con unhas plantas e menos tan pequenas que non saberán nin monosílabos): vós brotade, eu aproveitarei o día de estudio.


Non sempre funciona. Non sei de feito se algunha vez funciona. Pero quero crer que si e non teño tempo para facer un estudio que demostre os beneficios de plantar lentellas e/ou garabanzos na reducción da inestabilidade psíquica dos opositores do MIR. Dádevos conta. A facer un estudo con deseño factorial no que uns plantades lentellas, outros plantades garbanzos, outros plantades garbanzos e lentellas e outros plantades cousas que non vaian crecer…por exemplo eu que sei…sopa de letras. Poñerse a analizar e bufff, quita, quita, que quedan só 50 días
Non da tempo a nada, que como ben dixo a mesma Lupe Gómez no seu libro “Os meus dedos na miña braga con regra”:

Os reloxos sempre
estiveron parados.
Aínda que
ultimamente
queremos pensar

que o tempo pasa.

xoves, 11 de decembro de 2014

DEBEMOS PEDIR PERDÓN AO FEOCROMOCITOMA

Somos unha sociedade odiosa. E un exemplo claro é o noso amigo, o feocromocitoma. Poderedes pensar que estas liñas van ir na vertente facilona do asunto, que se chama feo. Jajajajaja. Qué feo é! jajajajajjaja. Pois non. Bueno, non de todo. Pensabades que ía ir polo da canción do verán? Ben, pois déixoa aquí arriba para que despois poidamos falar tranquilamente:


Quería ir polo lado de que o feocromocitoma é considerado o tumor do 10%, xa que se dá nesa porcentaxe na infancia, bilateral, extraadrenal, familiar ou maligno. 
Moi ben. 
Todo perfecto. 
O tumor do puto 10%. 
Pero a ninguén lle extraña isto? Non oio pola rúa a ninguén queixarse de que o 90% o feocromocitoma é benigno, o 90% das veces é unilateral, está na glándula é esporádico e o 90% non se produce en nenos!!!



Facemos fincapé nas excepcións que nos interesan polo morbo. Merecemos a extinción.

En relación co desprezables que somos pero por outro lado: falemos das suprarrenais
Unha das grandes descoñecidas para o público en xeral. Unha glándula apasionante, coas súas tres capas de médula, a súa corteza. Tan variada, tan odiada polos estudantes de medicina. Fundamental para moitos procesos, e tan vilipendiada que NIN SEQUERA NOME DE SEU TEN. Suprarrenais. Si oh! Esa merda así esponxosa que non é graxa e que parece unha boina do riñón. 
O riñón o importante nesa relación…si claro. A suprarrenal un día quéntase, empeza a producir toda a aldosterona que lle sae da Conna (Sde Conn: adenoma. Mulleres 30-50 anos)  e o riñón achanta. Hipopotasemia e HTA. Achanta e punto. Dígoo por millonésima vez: somos despreciables.


Volvemos por último ao feocromocitoma. Así, en ciclo, como o de Krebs. Só para recordarvos que ademais de ser o malchamado tumor do 10%, non é menos verdade que é o tumor Steve Urkel:
  •  é enérxico…de máis
  • é MEN2: Steve e Stephan
  • é feo de collóns
  • encántalle o queixo! (crises adrenérxicas co consumo de queixo)




Ata aquí os inMIRconsellos de hoxe. Bicos e boas noites. 

sábado, 15 de novembro de 2014

TERCEIRA VOLTA E SIMULACRO 23

Hoxe tiña pensado o regreso de inMIRnente neste blog, despois de moito tempo sen nada que querer contar, sen ganas de facelo e sen ningunha proposta máis alá das que collían nos  140 caracteres do meu benquerido twitter.  Hoxe comezaba a terceira volta, o terceiro asalto, o “á terceira vai a vencida”.

Ía ser un post sobre o agobio que dá ver que só quedan 77 días para o MIR e que os manuais que a duras penas rematabamos de ver en segunda volta agora hainos que ver o dobre de rápido. Facer o libro gordo o dobre de rápido. Cagarse en todas as decisións da túa vida o dobre de rápido. A verdade,  co agobio as nosas deposicións van o dobre de rápido, así que debe ser fisiolóxica esta terceira volta.

Unha entrada na que agradecía a todos os deuses de toda a historia da Humanidade que se reserven os días de nadal e de aninovo, a pesar da contrapartida de tres doMIRgos menos. Sabedoría popular a que di que ninguén da un peso a catro pesetas. Por se acaso, este menda lerenda xa tiña pensado acudir á gala fin de ano do Luar por se non tiñamos oportunidade de desfrutar a noite real do cambio de ano (aínda que a data a celebrar sexa a entrada en febreiro).

Ese ía ser a entrada de hoxe,  o regreso, o desafogo e as penurias. Pero despois de toda a mañá estudiando e toda a tarde no simulacro parece que xa é un tema do pasado, que xa estamos acostumados ao que nos depara esta penúltima fase, e sobre todo, comezamos a temer o que significará a fase número catro, esa que, por veloz, a todos se nos escapa da imaxinación.

Realmente non pensaba iso cando cheguei á casa. Cando me sentei a oscuras no sofá, esperando a que cargara un pouco o móbil para poder meter o simulacro e abrirme unha red vintage mentres o facía (tradicións que conservo e espero conservar) estaba pensando que os seis días de vacacións non serviran para nada, que o ter que estudiar mañá despois de ir á carreira do San Martiño en Ourense era unha putada e que puta terceira fase na que non me da tempo a facer o mínimo.  

Confeso que o señor inMIRnente levaba case un mes (ou máis) cos ánimos polo chan. Friki coma sempre, pero desto que te replanteas obxectivos e que ves que “de aquellos barros estos lodos”.


Estaba afundido e cada simulacro e cada materia convencíanme máis de que “a la mierda!” era un slogan moito máis atractivo que o de “Chegaches ata aquí. SIGUE”. Comecei a estancarme en netas e despois a baixar como a tensión nunha rotura de aneurisma de aorta abdominal. Iso xa sabemos que non é importante, pero o percentil tamén baixaba, e baixaba e volvía a baixar. Enroqueime nun cansancio non sei se real ou emocional. O caso é que era inxustifiacado desde calquera punto de vista. 
E sobre todo: inaceptable.

O simulacro antes das minivacacións: é verdade que a Audiencia Nacional ten nas súas mans unha denuncia a instancias da Defensora do Pobo contra AMIR polo simulacro 22 e a flagrante violación dos Dereitos Humanos dos opositores que o tivemos que facer, pero non é óbice para que eu, inMIRnente de pro, loitara cada pregunta. Non teño excusa.

Pero chegou o simulacro 23 (o de hoxe), raro de collóns, e evidentemente máis fácil que o anterior e que algún outro. A variabilidade está ben para entrenar as posibles sorpresas do 31 de xaneiro. O importante para min é que recuperei o meu percentil. Un percentil moi discreto, pero dentro do esperable e que sirve de boa base para a mellora. E sobre todo, que me quita desa espiral descendente de frustración. Imos indo, que non é pouco

Hoxe irei "cedo" a durmir. Non hai festa máis alá de rematar esta cervexa e ser consciente de que aínda que non o cría ao principio, renovamos enerxías para conseguir chegar a bo porto dun reto que comezamos hai xa moitos meses. Non queda nada, mais queda todo


InMIRnente está aquí para loitar polo seu mellor MIR.

E vós tamén.  

venres, 19 de setembro de 2014

FÁLTAME ALGO?

Esta entrada non é tanto para soltar a miñas idas de pinza, senón para ver se me quedou clara a cousa, que nesto son  moi paranoico e quero saber se me falta algo, polo que se vedes algo erróneo agradécese que mo digades.

Unha vez publicadas no BOE e na páxina web do Ministerio todos os requisitos, datas e demais parafernalias o que a min me importa agora é o que vén sendo cómo apuntarme para que me deixen facer o exame o día 31 de xaneiro de 2015. E isto é o que saquei en claro que necesita unha persoa que estudiara na USC (aplicable a outras universidades españolas) e que é a primeira vez que se presenta ao MIR:
  • Modelo 790: cumplimentado. Coma sempre, tres copias, dúas para eles unha para nós. Non deixan de repetir que non vale cubrir unha fotocopia en branco dun comañeiro, que levan código de barras ou mierdas desas e ten que ser cada un o seu. Pois intentarase facer así. Despois de telo hai que ir ao banco e pagar os 29,59€ (salvo persoas apuntadas no paro e discapacitados (0€) ou familia numerosa (14,80€)). Non sei vós, pero eu ese céntimo que falta para os 29,60€ vouno gardar de por vida. Queredes desde xa o modelo 790? Pois jodédevos, que ata o 24 non o sacan á luz. Isto é como un estreno de cine.
  • Fotocopia compulsada do DNI: saímos coma o cu na foto, pero qué se lle vai facer…
  • Fotocopia compulsada do xustificante de Licenciado: o orixinal tarda unha semaniña na USC e son entre risas máis de 123,10€ (Vivan as taxas públicas), ao que lle hai que sumar os céntimos que costa a fotocopia. Claramente abusivo.
  • Fotocopia compulsada certificación personal: non sei se para vós tamén, pero para min foi unha sorpresa. A ver, si, é un pouco de hipotiroideo conxénito, pero non me dera conta, vale? Pois para pedila só hai que ir á Secretaría virtual, entrar en solicitude de certificacións, e solicitala co pago de 22,31€. O bo é que pensan en xente cortiña coma min e xa aparece aí para seleccionar os do MIR, QIR, FIR, BIR, PIR e demais chavalada. 


Todo isto e do 24 de setembro ao 3 de outubro hai que presentalo ante as autoridades competentes.

(por se aínda non virades o calendario...)

 ¿Cómo? Pois segundo a web pódese facer
  • No Rexistro xeral do Ministerio de Sanidade (xustamente o que eu necesito, un viaxeciño a Madrid)
  • Por correo certificado previo sello do modelo 790 por parte de Correos para garantir a data de presentación.
  • Nas Unidades administrativas das Delegacións e Subdelegacións do Goberno.
Creo que non me esquezo de nada, non? 
Os que esteades en Santiago ide collendo billete para a Coruña ou de visita a Correos, e os das periferias cada un á súa subdelegación ou a onde vos pete, que eu non son ninguén para dicirvos o que tedes que facer

Aparte destes supostos, disque se pode entregar en calquera rexistro, e o que fai a xente de Santiago de pro é ir a enfrente do Maycar, que non sabes onde? Pois parece ser que é a Rúa Xeneral Pardiñas nº 26.

E só unha conclusión lles deixo:

Estudiar para o MIR non ten prezo, pero iso si, se ademais de estudialo tamén queres presentarte ao exame apoquina 175€ (fotocopias non incluídas). 


ah, bueno, si que me esquecía de algo...a conta atrás!

luns, 15 de setembro de 2014

A PROPÓSITO DE SETEMBRO

Parece ser que se confirman os temores que todos tiñamos sobre os individuos (négome a chamarlle persoas) encargados de avaliar aos alumnos da USC en Dermatoloxía. Aínda que por sorte fun un dos que me librei polos pelos de ter que volver a verlle a cara desde o pupitre de alumno, o que fixeron co exame de hoxe reafírmame na miña opinión de que hai certos sectores do profesorado que non só non merecen tal nome, nin sequera merecen ser chamados profesionais nin médicos. Son unha puta infestación que están dentro do sistema, infiltrando o tecido docente san e saboteando desde unha superioridade ficticia unha educación de calidade. 
Son o primeiro que defende que as esixencias dun profesor non se poden valorar como o adoitamos facer. Non é un bo profesor o que fai un exame fácil ou malo o que o fai difícil. É un bo profesor o que esixe uns coñecementos que nos transmite e son proporcionados e útiles para o plan académico. É bo o profesor que estimula a aprender, a que a súa materia non se chape sen sentido e que fai que se interrelacionen conceptos. Nunca fun un bo estudiante, e as veces que suspendín foi normalmente por non estudiar correctamente ou o suficiente, e as veces que aprobei polos pelos e sen merecelo sei que me aproveitei dun sistema con moitas lagoas. 
Pero iso non é escusa para que fan estes malnacidos revanchistas que non saben diferenciar un ataque de unha reclamación lexítima, que non poñen exames para avaliar coñecementos senón para suspender á xente (e por riba teñen a prepotencia de recoñecelo). Que se excitan sexualmente cada vez que poden suspender e truncar a vida de alguén por un complexo de inferioridade creado por estar toda a vida dando cremitas de corticoides e quitando lunares. Ningunha especialidade é tan perfecta e útil como a pintan: aceptádeo e sede mellores médicos (porque a dermatoloxía é unha especialidade bonita que estades jodendo a moitas promocións). E só saben remediar ese complexo mediante dúas saídas: gabándose de que os números máis altos do MIR escollen a súa especialidade (nada ten que ver coa ausencia de guardias de 24h nin co sinxelo que é abrir unha consulta privada e forrarse) e sobre todo, sendo un embudo para que haxa xente que non se licencie.

Os dous que fundamentalmente facedes posible iso sodes escoria, sodes o peor do noso sistema. Inútiles, ineptos e caprichosos. Non merecedes os títulos nin honores que pendurades da parede. Non merecedes respecto ningún. Merecedes esquecemento e indiferencia. Pero polo de agora, demasiado quente a cousa, tedes o maior do desprezo da nosa parte

venres, 5 de setembro de 2014

MONTAÑAS DE APUNTES

Unha vez oínlle dicir a alguén (ou soñeino, ou estouno inventando sobre a marcha, que para algo isto é literatura) que non podías ter o título en Medicina se non che chegaban os apuntes ao teito. Ou polo menos que despois de acabar a carreira terías unha montaña de apuntes que chegarían ao máis alto.

Naquel momento pareceume unha gran verdade, porque despois de seis anos gastando en fotocopias e máis fotocopias (hei dicir que aquel ano no que o exército pagaba parte das copias foi un gran puntazo. Viva o exército e o seu “Sé el médico que quieres ser, sé médico militar”!) qué queredes que vos diga, era algo de caixón.
Pois cando acabei o último exame da carreira e me puxen a limpar o estropicio de dous meses de preparación de exames e a súa consecuente lixeireza para coa limpeza do pó, decidín que era o momento de probar graficamente aquilo que a miña estantería ben sabía: que nestes seis anos acumulei unha gran cantidade de inútil papel (do meu recoñecido hiposíndrome de Dióxenes non vou falar, que atañe á miña vida privada). E aquí está a maldita foto:




Como podedes ver, é unha montaña ben alta, pero non chega ao teito. Sentinme defraudado comigo mesmo e pregunteime se non sería por iso que serei mediocre toda a miña vida. Pouco a pouco ía entrando nunha espiral que me afundía máis e máis nun pozo negro. 

Cando estivo a piques de caerme enriba a montaña de apuntes e vin que eran tan altos coma min pasóuseme un pouco. Diso non hai foto. Unha mágoa porque sería ben divertido velo desde fóra e non temendo pola integridade física dun.
Pero o que realmente me animou definitivamente para ver que durante seis anos se explican cousas bastante mal e que nós somos unha puta máquina de almacenar apuntes que moitas veces nin lemos foi esta foto:



A comparativa entre os seis anos de apuntes da carreira e todos os cuadernillos (incluído o libro gordo, aínda que non as actualizacións do 2013 e 2014) da academia. Se poidemos con tanta merda durante estes anos…qué non poderemos facer con estes cuadernillos?


Ánimo chavalas e chavales, que non sei que será de min, pero estou seguro que vós neste 2MIR15 o ides petar de ben, e ides chegar ata o teito!

luns, 1 de setembro de 2014

31 DE XANEIRO, DÍA DEL APALEAMIENTO

O Ministerio (non o de Magia y Hechicería, senón o outro que nos interesa, o de Sanidade e Servizos Sociais) vén de sacar hoxe unha nota de prensa que fai que agora mesmo arredor de 14.000 persoas teñamos un episodio hipomaniaco conxunto.

A intención é (como ben adiantaba hai xa meses este blog coa súa conta atrás) que o MIR sexa o sábado 31 de xaneiro, que conste de 225 preguntas e 10 de reserva e que o tempo máximo para facelo sexan 5 horas. Por iso, hoxe máis ca nunca, botémoslle un vistazo a esto:


Tamén sabemos que se ofertan 6102 plazas para os titulados en Medicina e que teremos a nota de corte nun 35% dos dez mellores exames.

Vamos, que confirmamos o que se esperaba, pero aínda así o pico de ansiedade estamos a sufrilo igual. Se é que unha cousa é esperalo e outra e que xa haxa fecha para o MIR aka "el día del apaleamiento"


Veña, a seguir chapando coma cabróns que se nos bota o tempo enriba!