xoves, 16 de abril de 2015

Desde tan arriba non

Hoxe non hai ningún debuxo que queira camuflar entre as liñas. Hoxe non é un día para volver a este blog e contarvos nada. Perdín ese dereito deixando de escribir todos estes meses. Por se non estabades enterados este é un blog para soltar lastre, mierda e nervios. E se a alguén lle serve, ou se compadece ou se ri de min, benvido sexa.
Hoxe estou  nervioso. Psicótico. A miña praza, esa que quero desde cuarto de carreira sigue aí, sen dona nin dono. Chamarédesme tonto, que se está aí é boa señal. E intentarei convencervos do contrario, para ver se así me convenzo eu.
A miña praza ten costume de acabarse sobre o número 1000, salvo excepcións para ambos lados. Estou convencido de que este ano non vai ser desa excepción que me favorecera. É unha especialidade bonita, e ultimamente mellorou moito o seu perfil dentro dos estudiantes. Vamos, que mola mazo, é a puta mellor especialidade (e por iso a escollo eu). O caso é que había un posible nome. Unha persoa que me cae ben, e estaba entre as súas posibilidades. Estaba asumido. Aceptado. Parecía ata boa opción. E entón esa praza non se colleu. E aquí estamos: final do segundo día e aí sigue a praza.


Como lle dixen aos meus pais, que pensan que cada peche de tanda sen que se colla é unha victoria, para min non é así. Explícome: 

Eu ía camiñando tranquilo a ras de chan, dubidando qué prazas poñer de segunda e de terceira (un debate que aínda non está de todo cerrado). Entón comezaron a escoller prazas, e eu empecei a disfrutar actualizando a páxina do ministerio cada 5 segundos literalmente. Empecei a notar que metaforicamente me ataban unha corda ao redor de min. Non do pescozo, tranquilos. Simplemente a corda está aí e cada vez vaise achegando máis o momento da escolla. Cada persoa e cada tanda que a miña praza sigue aí é similar a que alguén tira da corda cara arriba e me separasen un pouquiño do chan. Cada praza que collen e que non é a miña, outro pouquiño. Hoxe empezo a ter vértigo. Empezo a ver que o chan queda lonxe e que cando caia vaime doer. Xa non está aceptado. Estou no aire, un aire sereno, dicíndolle aos que controlan esta merda de corda que quero baixar, que non chega a min, que me deixen a ras de chan, tranquilo para poder resolver a dúbida das prazas que realmente van chegar a min. Pero pouco a pouco vou subindo. Imparable. 
Seguramente mañá me deixen caer e terei todo o fin de semana para recuperarme das feridas. Non pasa nada, é a vida que elixín. Simplemente quería soltar un pouco de lastre, ou poñelo enriba para ir descendendo un pouco antes de que comece outro día, cos seus dous turnos. Non semella facer efecto. Demasiado alto. En serio. Non quero caer desde tan arriba. 






Por certo, aos que xa escollestes: NORABOA!!! e aos que aínda non SORTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario