sábado, 31 de xaneiro de 2015

THE END IS NERE



And now, the end is nere…I did it my way. Bueno, non de todo, pero home, todos temos as nosas cousas, as nosas idiosincrasias. A nosa mochila (gracias, Isa). Porque chegamos ata aquí despois de seis ou sete anos que se pasaron nun tris, nun flush. Nun nada. Fomos formados por diversidade de profesores e agora e dalgúns aprendemos algo, de outros nada. Pero quédome cos que nos ensinaron, aparte de Medicina, outras cousas. Cousas que nos servirán para ser mellores médicos, e incluso mellores persoas. Quédome con eses que tiveron impacto nas nosas vidas. No que somos. E aos outros…pois o esquecemento será suficiente castigo e amnistía.

Hoxe acaba unha etapa. Outra máis. Esta quizais é un pouco rara, durou pouco, pero foi a que máis hostias nos deu. E tanto que nos dou hostias. Hostias como moletes. Como puños. 


Ao mellor alguén me debeu insistir máis no de que se necesitei tres selectividades para entrar, ao mellor non era boa idea o de facer unha carreira na que para traballar é condición indispensable pasar un exame coma o MIR. Estou seguro de que non lle faría caso, que o de ser cabezón vénme de familia (ou de especie, que xa non sei), e agora é demasiado tarde. Tarde porque o que vou facer a partir de maio (se todo vai ben) é o que quero, é parte do que son. Xa non podo ser outra cousa. Non quero ser outra cousa. 

Xa que estamos, voulles dicir algo aos meus compañeiros (e rivais). Quero desexarvos a mellor das sortes e toda a serenidade que poidades almacenar durante estas horas. Non podedes fallar. Non ides fallar. Hoxe non.

Aos futuros mirencios: ánimo. Ou correde insensatos, asegún o momento. Non é tanto como parece. É todo cuestión de retroalimentación positiva, entras nun bucle e paréceche que non hai máis. Intentade evitalo. Se isto é unha cousa insignificante, unha scybala na vosa vida. Perspectiva. Vémonos ao outro lado.

Pase o que pase gracias á academia. A calquera, supoño, pero eu falo da miña. Á familia non a escolles, aos amigos moitas veces tampouco. Pero a academia…esa si que é a túa elección. Ben sei que é o seu traballo e que lle pagamos por iso. Sei que todo é unha gran e medida mentira, pero o caso é que creo que en toda a miña vida nunca confiei tanto e tan cegamente nalgo alleo á miña familia. E iso é moi dificil de manexar nestes momentos. Nestes meses pasámolo moi ben, para qué dicir o contrario. Porque quedarse coas vosas cousas é un sesgo de memoria xusto e necesario, mentres que non se aplique a un estudio de casos e controis. E repito isto porque é importante: pase o que pase. Porque modificando un pouco o rollo da DGT: non podemos estudiar por ti.

Na miña evolución estudiantil tiven dous estrepitosos fracasos. Cun ano de diferencia. Primeiro non entrei en Medicina e fixen un ano de Química “para sacar créditos de libre configuración e preparar selectivo”. Despois dese ano e de ese selectivo, tiven que marchar lonxe, e acabei comezando a carreira en Valladolid. Os dous putos mellores fracasos da miña vida. Quédome co bo, e cos amigos. Con todos, cos de Carballo, cos de Malpica, cos de Pucela e os de Santiago. Nestes meses fostes unha válvula de escape moi necesaria, a pesar de que poida que eu non estivese aí. Gracias
Fun sempre un pouco lento. Non de mente, que diso un pouco tamén, pero máis de evolución. Será por ser o pequeño da casa ou polo que fose. Un neno mimado, bastante repelente ás veces. E sígoo sendo, porque as boas cousas non as hai que cambiar. Desde que me levaba a miña irmán á escola (sempre foi a lista e a traballadora da familia), ata aquí pasaron moitos anos e moitas cousas na miña vida de estudiante que hoxe acaba. Seguirei estudiando e formándome, pero xa está, chegamos ao final do camiño. 

Ninguén chega aquí (nin a nada) por si mesmo. Ninguén se fai a si mesmo. Principio fundamental da bioloxía. Cousas que se deben ter aprendido desde a secundaria. Os que estamos aquí (ou eu polo menos) débolle todo á miña familia. Non son a bioloxía. Non son a economía. É o todo. Levo todos estes meses queixándome da miña vida. Da monotonía. E sobre todas as horas que lle estou adicando ao estudio. Sona terrible. Si, é unha merda. Pero esta bendita merda estouna vivindo a conta de que meus pais traballen máis horas das que eu estudio. Non, tío, non chegamos aquí por méritos propios, puto parásito de merda. E despois de todas as mediocridades, despois das voltas e reviravoltas, aí siguen. Incluso despois desta preparación do MIR, aí siguen. Un billón de gracias parece que se queda corto porque calquera cousa se queda corta. 




Porque non somos sinxelos de levar, e quen diga o contrario fáltalle perspectiva. Hoxe acaba esa parte que está nas nosas mans e comezan uns meses de vacacións, Si. merecidas vacacións. E polo medio algo que non depende de ti e que precisamente por iso será máis raro aínda. Pero non pensemos niso agora. É tempo de relaxarse para dalo todo pola tarde.


CountdownClockCodes.com



Moitas gracias a todos. En serio. A todos e a cada un de vós. Gracias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario