martes, 27 de xaneiro de 2015

Aos caídos.

Chegou a recta final. 
O fin. 
O nada. 
O inMIRnente deixou de ser inminente para ser presente. 

Xa non hai máis, así que quería facer mención, antes que a doce vinganza do exame proposto polo Ministerio nos leve ao nicho, aos caídos. Unha homenaxe a todos eses que colaboraron con nós durante todos estes meses, deixándose todo nisto, dándoo todo na realización desta preparación. Nós entregamos o noso tempo e a nosa vitalidade e algúns (uns máis ca outros) un pouco da saúde mental. Pero eles deixáronse a vida, a súa mesma existencia para que nós poidesemos avanzar. Un a un ían desfilando baixo a nosa atenta mirada, aceptando o seu inevitable fin sabendo incluso ás veces da inutilidade do seu esforzo, da futilidade do seu morrer.


Gracias, amigos e compañeiros: que a morte vos sexa leve, e a Historia agradecida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario