venres, 19 de setembro de 2014

FÁLTAME ALGO?

Esta entrada non é tanto para soltar a miñas idas de pinza, senón para ver se me quedou clara a cousa, que nesto son  moi paranoico e quero saber se me falta algo, polo que se vedes algo erróneo agradécese que mo digades.

Unha vez publicadas no BOE e na páxina web do Ministerio todos os requisitos, datas e demais parafernalias o que a min me importa agora é o que vén sendo cómo apuntarme para que me deixen facer o exame o día 31 de xaneiro de 2015. E isto é o que saquei en claro que necesita unha persoa que estudiara na USC (aplicable a outras universidades españolas) e que é a primeira vez que se presenta ao MIR:
  • Modelo 790: cumplimentado. Coma sempre, tres copias, dúas para eles unha para nós. Non deixan de repetir que non vale cubrir unha fotocopia en branco dun comañeiro, que levan código de barras ou mierdas desas e ten que ser cada un o seu. Pois intentarase facer así. Despois de telo hai que ir ao banco e pagar os 29,59€ (salvo persoas apuntadas no paro e discapacitados (0€) ou familia numerosa (14,80€)). Non sei vós, pero eu ese céntimo que falta para os 29,60€ vouno gardar de por vida. Queredes desde xa o modelo 790? Pois jodédevos, que ata o 24 non o sacan á luz. Isto é como un estreno de cine.
  • Fotocopia compulsada do DNI: saímos coma o cu na foto, pero qué se lle vai facer…
  • Fotocopia compulsada do xustificante de Licenciado: o orixinal tarda unha semaniña na USC e son entre risas máis de 123,10€ (Vivan as taxas públicas), ao que lle hai que sumar os céntimos que costa a fotocopia. Claramente abusivo.
  • Fotocopia compulsada certificación personal: non sei se para vós tamén, pero para min foi unha sorpresa. A ver, si, é un pouco de hipotiroideo conxénito, pero non me dera conta, vale? Pois para pedila só hai que ir á Secretaría virtual, entrar en solicitude de certificacións, e solicitala co pago de 22,31€. O bo é que pensan en xente cortiña coma min e xa aparece aí para seleccionar os do MIR, QIR, FIR, BIR, PIR e demais chavalada. 


Todo isto e do 24 de setembro ao 3 de outubro hai que presentalo ante as autoridades competentes.

(por se aínda non virades o calendario...)

 ¿Cómo? Pois segundo a web pódese facer
  • No Rexistro xeral do Ministerio de Sanidade (xustamente o que eu necesito, un viaxeciño a Madrid)
  • Por correo certificado previo sello do modelo 790 por parte de Correos para garantir a data de presentación.
  • Nas Unidades administrativas das Delegacións e Subdelegacións do Goberno.
Creo que non me esquezo de nada, non? 
Os que esteades en Santiago ide collendo billete para a Coruña ou de visita a Correos, e os das periferias cada un á súa subdelegación ou a onde vos pete, que eu non son ninguén para dicirvos o que tedes que facer

Aparte destes supostos, disque se pode entregar en calquera rexistro, e o que fai a xente de Santiago de pro é ir a enfrente do Maycar, que non sabes onde? Pois parece ser que é a Rúa Xeneral Pardiñas nº 26.

E só unha conclusión lles deixo:

Estudiar para o MIR non ten prezo, pero iso si, se ademais de estudialo tamén queres presentarte ao exame apoquina 175€ (fotocopias non incluídas). 


ah, bueno, si que me esquecía de algo...a conta atrás!

Ningún comentario:

Publicar un comentario