luns, 15 de setembro de 2014

A PROPÓSITO DE SETEMBRO

Parece ser que se confirman os temores que todos tiñamos sobre os individuos (négome a chamarlle persoas) encargados de avaliar aos alumnos da USC en Dermatoloxía. Aínda que por sorte fun un dos que me librei polos pelos de ter que volver a verlle a cara desde o pupitre de alumno, o que fixeron co exame de hoxe reafírmame na miña opinión de que hai certos sectores do profesorado que non só non merecen tal nome, nin sequera merecen ser chamados profesionais nin médicos. Son unha puta infestación que están dentro do sistema, infiltrando o tecido docente san e saboteando desde unha superioridade ficticia unha educación de calidade. 
Son o primeiro que defende que as esixencias dun profesor non se poden valorar como o adoitamos facer. Non é un bo profesor o que fai un exame fácil ou malo o que o fai difícil. É un bo profesor o que esixe uns coñecementos que nos transmite e son proporcionados e útiles para o plan académico. É bo o profesor que estimula a aprender, a que a súa materia non se chape sen sentido e que fai que se interrelacionen conceptos. Nunca fun un bo estudiante, e as veces que suspendín foi normalmente por non estudiar correctamente ou o suficiente, e as veces que aprobei polos pelos e sen merecelo sei que me aproveitei dun sistema con moitas lagoas. 
Pero iso non é escusa para que fan estes malnacidos revanchistas que non saben diferenciar un ataque de unha reclamación lexítima, que non poñen exames para avaliar coñecementos senón para suspender á xente (e por riba teñen a prepotencia de recoñecelo). Que se excitan sexualmente cada vez que poden suspender e truncar a vida de alguén por un complexo de inferioridade creado por estar toda a vida dando cremitas de corticoides e quitando lunares. Ningunha especialidade é tan perfecta e útil como a pintan: aceptádeo e sede mellores médicos (porque a dermatoloxía é unha especialidade bonita que estades jodendo a moitas promocións). E só saben remediar ese complexo mediante dúas saídas: gabándose de que os números máis altos do MIR escollen a súa especialidade (nada ten que ver coa ausencia de guardias de 24h nin co sinxelo que é abrir unha consulta privada e forrarse) e sobre todo, sendo un embudo para que haxa xente que non se licencie.

Os dous que fundamentalmente facedes posible iso sodes escoria, sodes o peor do noso sistema. Inútiles, ineptos e caprichosos. Non merecedes os títulos nin honores que pendurades da parede. Non merecedes respecto ningún. Merecedes esquecemento e indiferencia. Pero polo de agora, demasiado quente a cousa, tedes o maior do desprezo da nosa parte

Ningún comentario:

Publicar un comentario